web analytics

Monumento aos Fusilados

   Inaugurouse en 2001 no Campo da Rata, similar aos grandes megálitos prehistóricos, en homenaxe ás vítimas da represión franquista.
   Foi deseñado por Isaac Díaz Pardo.

  O lugar foi utilizado polos sublevados como campo de fusilamento de centenares de persoas apresadas, republicanos, sindicalistas e esquerdistas, xeralmente “sacados” do cárcere da Coruña e “paseados”.
   A maior parte dos asasinados fórono durante o verán “quente” de 1936, pero ata datas tan tardías como marzo de 1937, xa como froito de xuízos levados a cabo polas autoridades franquistas, se seguiron producindo fusilamentos dos condenados a morte pola súa lealdade ao goberno republicano. 

   Composto por bloques de granito, nos que hai manchas de pintura vermella simbolizando o sangue dos fusilados, ten unha inscrición que di: 

   “Inmolados nestes campos fronte ao mar tenebroso por amar causas xustas. Presentes na lembranza do povo e do seu concello dá Coruña”.

  Tamén figuran dous poemas, de Federico García Lorca e Uxío Carré Alvarellos.

Ubicación

Parque escultórico da Torre de Hércules.
15.002 A Coruña

Horario

Permanente. Lugar aberto.

Desenvolvido por E-distrito
Desenvolvemento de espazos web, apps, solucións informaticas empresariais, hostings, dominios…
Marketing dixital. RRSS

® E-distrito é unha marca rexistrada na “Oficina Española de Patentes y Marcas”. 
© E-distrito. Todos os contidos textuais e de vídeo presentes nesta páxina están libres de dereitos e poden ser distribuidos e utilizados parcial ou íntegramente sempre que se respecte a mesma licencia. A presente licencia abrangue só os contidos de esta páxina e non os de outras páxinas do mesmo dominio ou subpáxinas que deriven de esta, que terán as súas propias licencias. Os contidos fotográficos poden estar suxeitos a copyright e a súa utilización está prohibida agás que exista un permiso explícito por parte dos responsables de E-distrito. A sección de “Contacto” da web (e-distrito.org) sexa a través do formulario ao efecto ou dunha comunicación aos enderezos de correo electrónico sinalados, procederá a definir, previa consulta, cada caso específico.