Inicio        Creación web        Sobre nós        Contacto   

 

   Sobre E-distrito.

   A profesionalidade, a eficiencia e a cercanía son para nós a clave dun bo servizo e o que ofrecemos aos nosos clientes.

   Non somos perfectos, sabémolo. E sabemos que algunha vez podemos cometer algún erro, pero tamén sabemos que, cando iso suceda, estaremos aí para solucionalo.

   Encántanos o que facemos. Cremos nas novas tecnoloxías.

 

   Realizamos deseño web e programación, individualizando cada proxecto e implicándonos nas necesidades específicas según as preferencias de cada empresa ou profesional (con opción de programar deseños xa confeccionados polo cliente). Todos os nosos deseños son responsive e adaptados, e xestionamos da mesma forma hostings e dominios. Creamos CMS – Sistema de creación de contidos – para que o usuario (ou equipo) poida controlar directamente o fluxo de información dentro do seu propio entorno de traballo, ou ofrecemos a posibilidade de xestionar nós mesmos todas as actualizacións e publicación de contidos. Tamén desenvolvemos aplicacións móbiles a medida; estudiamos a idea, analizamos a forma de proxectala e optimizala, e deseñamos a App (Android e Iphone IOS con posicionamento ASO). Tratándose dunha empresa ou comercio que venda a través da rede, creamos tendas on-line con diferentes opcións, plataformas de software e pasarelas de pago. 

   Todos as nosas webs están aloxadas en servidores de alta gama, e configuradas baixo protocolo HTTPS con certificados SSL/TLS. Dispoñemos de copias de seguridade diarias. Todos os nosos plans inclúen actualizacións de seguridade e mantemento básico.

   Campañas de márketing multinivel precedidas por análises e potenciación de marca,  identificación de puntos fortes e compensación de carencias; definimos a idea e abrimos liñas de expansión globais ou parcializadas buscando nichos específicos. Utilizamos recursos propios e administramos campañas nas principais plataformas.

   En redes sociais (Facebook, Instagram e X -Twitter-) ofrecemos servizos de xestión de páxinas de empresa ou comercio ao igual que de asociacións e organizacións, estructuramos campañas de publicidade por obxectivos e xeolocalizadas, e programamos parcial ou totalmente publicacións en base a criterios de efectividade e conversión.

   Calquer proxecto solicitado a E-distrito pode ser, a petición do cliente, desenvolvido nos seguinte idiomas: Galego – Español – Inglés – Alemán. Nunca utilizamos traductores automáticos; os prezos son os mesmos sexa cal sexa o idioma escollido.

   Sustentabilidade e Responsabilidade.

   Implementamos en todos os nosos procedementos as medidas oportunas encamiñadas a protexer o planeta cumplindo co obxectivo  das “3R” (Reducir, Reciclar e Reutilizar) na medida do posible tanto en procesos internos como en tramitación con clientes. 

  Reducimos o uso de papel, reciclamos todo o material informático e ofimático, e reutilizamos ou reconvertemos produtos, cando as condicións o permiten, a usos alternativos. As nosas mochilas de traballo están fabricadas a partir de botellas de plástico recicladas.

   Historia.

   E-distrito naceu como marca no ano 2.011 cando a maior asociación de comerciantes da Coruña por número de socios, “Asociación de Comerciantes y Profesionales Distrito Mallos” decideu potenciar a imaxe dos seus asociados e do barrio en xeral a través dunha plataforma de comercio onde todos os veciños, visitantes, e interesados poderían consultar a información de interese a través de internet. 

   O proxecto, que xa nese momento ía moito máis alo do que ofrecían tanto organismos oficiais como os servizos de outras asociacións de comerciantes tanto na Coruña como en Galicia, debía contar con información detallada tanto no plano xeral como no individual, con información de cada comercio así como fotografías do seu interior, descripcións e datos de contacto. 

   Así nacía, anunciado nos xornais locais, a plataforma de comercio do área de Os Mallos, Estación e Ángel Senra dentro da cidade da Coruña. Para a materialización da idea, técnicos da empresa visitaron persoalmente máis de 150 establecementos fotografiando e recabando información de primeira man das súas características.

   En novembro do mesmo ano E-distrito.com xa era unha realidade e nun momento especialmente dedicado para o comercio de proximidade (por unha banda en plena crise económica e pola outra coa chegada dos grandes Centros Comerciais que se estableceron na cidade – Dolce Vita, Marineda City, Espacio Coruña, Los Cantones Village… – os usuarios puideron consultar e visibilizar en internet os comercios asociados da zona.

   Co paso do tempo o éxito levou aos responsables á premisa máis sinxela: se nun barrio a acollida fora positiva, por qué non ía a selo tamén nos demais?

   O segundo barrio escollido foi a zona de Agra do Orzán, Ventorrillo, en torno á rúa Barcelona, un dos principais focos comerciais. Non obstante a idea de expansión non respondía á relevancia das propias zonas senón á articulación continua das mesmas e por tanto á proximidade entre elas. 

   Nesta segunda fase e posteriores, os integrantes de E-distrito decidiron que, por motivos de viabilidade tanto como por simplificación na tramitación, non se contactaría con asociacións de comerciantes senón que a Plataforma continuaría traballando con Distrito Mallos na súa demarcación mais nas seguintes  operaría únicamente a través de comercios individuais. 

   A listaxe de adhesións foi de tal calibre que o número (a pesares de só visitar a aqueles comercios que reunían uns requisitos mínimos) excedeu a centena nunhas circunstancias nas que outras webs de comercio acababan de pechar, e incluso, un plan gratuíto do Concello da Coruña para potenciar imaxe e funcionamento do comercio de barrio acadara un grado de filiación moito menor.

   A cobertura ao resto de distritos resultou igualmente positiva e garantiu a pervivencia definitiva de E-distrito.com, pero implicou un cambio importante que se produxo dende 2.017 cando clientes empezaron a preguntarnos, en gran cantidade, por necesidades paralelas dentro do mundo das novas tecnoloxías. 

   Isto marcou a conversión teórica nunha axencia e a remodelación tanto de tarefas como de persoal para engadir ao nosos servizos todo canto na parte superior e na sección “Creación web” relatamos: deseño web e programación, comercio electrónico, márketing on-line,  redes sociais, e deseño máis programación móbil. 

   Na actualidade, ademais da ampla presencia da Plataforma na vida comercial da Coruña, E-distrito.org estableceuse sólidamente como un referente do mundo da informática e as tecnoloxías cun gran número de clientes nun proceso de expansión que continúa e que abrangue un cartafol de produtos disponibles  en permanente crecemento.

   Simultáneamente, E-distrito.com como Plataforma de Comercio e E-distrito.org na dotación de servizos de internet compatibilizan as necesidades de empresa como de comercio e profesionais.

   

   Quen somos?

Carlos Rei

Fundador

   Creei E-distrito en 2011. Deseño webs e fago un pouco de todo, desde estratexia corporativa a vendas e campañas de marketing.

   Afeccións e intereses:
   Natureza, xadrez, viaxar, xustiza social…

Alex Moure

marketing

   Apaixóname o mundo do marketing dixital e as súas repercusións presentes e futuras. Introdución de datos. Ademais tócame levar temas administrativos.

   Afeccións e intereses:
   Cinema, música, literatura distópica…

Sonia Fuentes

colaboradora

  Realizo funcións de traductora e dou cobertura noutros eidos. Nacín e crecín en Múnic, Alemaña. Tamén son deseñadora de moda. 

   Afeccións e intereses:
   Lectura, música, artes, viaxes…

© E-distrito. Todos os dereitos reservados. ® E-distrito é unha marca rexistrada na “Oficina Española de Patentes y Marcas”.  › Política de privacidade. Aviso Legal. Política de Cookies