Inicio        Creación web        Sobre nós        Contacto   

Creación de webs a distancia (inclúe os países da UE, Reino Unido, Noruega e Suíza).

Procedemento - pasos -

  Se queres contratar algún dos servizos que ofertamos (como por exemplo espazos web) contacta connosco a través da conta de correo electrónico info@e-distrito.org. Tamén podes acudir ao noso formulario de contacto na sección do menú principal “Contacto” (arriba á dereita).

  Déixanos a información e un medio para contactar contigo (e-mail ou número de teléfono).

   En canto recibamos a túa mensaxe, responderémosche nun breve espazo de tempo a través do medio que ti indicases como preferente. 

   Comunicarasnos as características do produto que desexas e as súas peculiaridades. Este será o momento en que nos expliques todo canto tes pensado sobre o teu proxecto, as túas impresións, dúbidas, prazos etc    

   Analizaremos toda a información que nos proporcionas e confeccionaremos un presuposto no que constarán os custes derivados. [ O presuposto é gratuíto para ti; non leva ningün coste asociado ]

   Realizamos traballos en galego, español, inglés e alemán. Os prezos non varían dependendo do idioma base; a mesma web costará o mesmo sexa en calquera dos idiomas mencionados. [ As webs bilingües ou multilingües sí implican un aumento de costes ]

   O pago está dividido en dous prazos (e cada un representa a metade da cantidade total presupuestada): o inicial, correspondente ao momento de empezar o traballo, e o final, unha vez está rematado. 

   Neste instante deberás proceder ao primeiro pago tras aceptar o presuposto. Cando recibes dito presuposto, engadimos un número de conta para que poidas realizar o ingreso (a primeira metade). Unha vez feito recibirás a factura pola cantidade pagada.

   Comenzamos a deseñar a túa web (ou a traballar no servizo contratado) e a levar a cabo as accións asociadas (por exemplo contratación de dominios)

   Neste intre materializamos toda a información que nos fuche aportando. Ao tratarse da realización de contidos precisaremos que nos envíes tamén as fotos ou textos que queres que aparezan en cada sección do menú. Se temos dúbidas ou optamos por varias alternativas á hora de realizar a presentación, consultaremos para que ti escollas a que máis che guste. 

   Rematado o traballo, verás a web e poderás todavía indicarnos os últimos axustes. Comprobaremos que todo funciona correctamente e a túa web será publicada. A factura comprenderá a segunda metade da cantidade total. 

   No sucesivo estaremos contigo sempre que o precises encargándonos de que todo continúe indo ben.   

Realización de traballos en idiomas:                  

© E-distrito. Todos os dereitos reservados. ® E-distrito é unha marca rexistrada na “Oficina Española de Patentes y Marcas”.  › Política de privacidade. Aviso Legal. Política de Cookies